sábado, 22 de dezembro de 2012

Na actual situación no noso país, coa chea de impedimentos para o uso normal do galego, era bo momento para usarmos colectivamente un distintivo.

Por exemplo un pin ou escarapela que fixer visíbel a nosa vontade de vivirmos en galego. Mesmo podiamos usar adhesivos e letreiros para as tendas, restaurantes, bares ou negocios de calquera tipo que quixesen tamén expresar esa vontade.

Acho que a visibilidade dos falantes de galego en Galicia, especialmente nas bisbarras máis desgaleguizadas, é fundamental cara á mudanza de mentalidades
 

 

Se quixeres que eu che envíe adhesivos ou escarapelas, pódesme facer a encomenda neste enderezo de e-mail. Podes ver as opcións de diseños ao final da páxina.

O prezo é de 1€ por peza (escarapela redonda de 32 mm ou adhesivo plástico de 105x74 mm). Porén, o prezo unitario pode ser moito menor no caso de encargares moitas unidades.


Fago o envío contra reembolso, con un custo de 3 a 6 € para a remesa postal.





Para quen van os gaños da venda? A miña intención non é ter gaños con isto, soamente cubrir os gastos. O que me gustaría era que moitas persoas e negocios galegos mostrasen o distintivo, que chegase a ser unha imaxe con grande uso e recoñecible por todos. 

Por outro lado, calquera é libre para copiar a idea e os deseños e facer o encargo das escarapelas e adhesivos onde queira. Se cadra pode conseguir mellores prezos ca os meus, dar traballo a un negocio local que teña á man, vender as pezas pola súa conta obtendo ingresos para unha asociación de promoción da lingua... o que quixer.

Era bom que a imagem fosse abrangente de todas as tendências normativas, sem diferença. Por isso proponho vários desenhos em reintegrado e oficial, com fonte Gallaecia.









Os deseños están ao voso dispor, para os usardes como queirades:
















Licenza de Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 3.0 Unported de Creative Commons.

Sem comentários:

Enviar um comentário